“Cucurrucú” “toc-toc” “uhú” “chac-chac-chac” “churr-churr-churr”

O pasado domingo celebramos a acción “Chíos ao mencer”, unha escoita colectiva de paxaros guiada baixo a colaboración entre as biólogas Elia Pérez e Damián Román Cousido (gnhabitat.org) e o artista sonoro Xoán-Xil (unruidosecreto.net). Desde fai uns meses estamos agrandando a sensibilidade sonora desde o noso pequeno santuario de acción que é o Monte Cambeiro en Amarelle.

Dicía Xoan-Xil que o bo estado dun espazo natural como o do monte non debe ser evaluado únicamente desde a perspectiva visual da beleza do que vemos senon que hai que estar tamén atentas ao que indican as distintas percepcións dos sons do lugar e o seu análises.

Fai algúns meses por iniciativa de Xoán convocamos o primeiro círculo de memoria sonora do Monte Cambeiro desde o que comezamos mirar cos oídos as nosas lembranzas do monte. Xa daquela volta soubemos que nos costa máis pensar en sons que en imaxes e, dos sons que foron saéndo das nosas lembranzas decatámonos que hai bastantes deles que xa non estan no monte e que é difícil que volten a el, entre estes, os dos carros e bois e o do gando, por exemplo.

Previo á acción do domingo, o sábado na tarde, volvímonos xuntar con algúns veciños no círculo de comunidade e retomamos conversas de memoria que saeran na primeira xuntanza: as campás e as sereas, as augas e ríos, as néboas e os ventos, os animais e insectos, sobre todo os grilos que aínda sonan mais o fan tanto menos….

Desde a primeira xuntanza a memoria dos paxaros adoitou estar moi presente nos recordos da xente e o monte. Por eso o domingo celebrábamos “Chíos ao mencer” invitando a coñecer e desfrutar da presencia dos paxaros durante toda unha mañá no Monte Cambeiro.

Xunto a Elia, Damián e Xoán repasamos o tránsito de paxaros durante o ano. Percorrimos o ciclo do día completo: noite, mencer, medio día e atardecer segundo a presencia de paxaros. Benoiteira, Avelallona ou a Coruxa na noitiña. Carriza, Picafollas ou o Paparoibo ao mencer, Fereiriños, Bencejos e Arrendajos ao medio día para voltar a un segundo mencer máis tranquilo ao caer a tarde.

Tamén houbo tempo de convocar aos que foron desaparecendo polos cambios nos ecosistemas, pola introducción de monocultivos como o eucalipto ou polo cambio climático xeneralizado: o paspallás, as rulas ou o moucho son parte da nosa memoria no monte desaparecida.

Escoitamos tamén páxaros carpinteiros que constatan que o noso Monte Cambeiro é un oasis de vida. “Cando marchan os eucaliptos volven os carpinteiros”.

Na noite do sábado ao domingo Xoán deixou a súa gravadora amarrada a unha árbore para recoller os sons durante a noite e o canto primeiro do mencer. Os que volo perdíchedes teredes a oportunidade de escoitar unha selección a través dunha emisión especial en Radio Neria durante o mes de maio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *