Que ofrecemos

Na nosa cooperativa ofrecemos servizos culturais deseñados a medida de cada contexto, desde a creación e mediación de proxectos participativos ata o deseño de itinerarios de aprendizaxe, exposicións e infraestruturas. Un traballo sempre guiado pola escoita das comunidades, o rigor ético e o coidado da historia e da memoria dos lugares.

Creación, desenvolvemento e mediación de proxectos e actividades singulares con especial atención

  • Recuperación e activación participada da historia e memoria dos lugares, transformada en obxectos culturais e artísticos para o público.
  • Educación e exploración do pensamento crítico en forma de actividades e obradoiros que promovan a imaxinación, a comunidade e a escoita activa.
  • Posta en valor da cultura dos territorios, dese un facer ético e en diálogo coas comunidades sociais e culturais.

Deseño e desenvolvemento de “itinerarios de aprendizaxe”

  • Centrados na divulgación e transferencia de coñecemento da historia e cultura específica de Costa da Morte. Especialmente para alumnado universitario.

Creación de infraestructuras, mobiliario e obxectos (interior e exterior)

  • Producidos de forma respetuosa, estética e funcional. Pensando na humanización dos espazos urbanos e naturais resolvendo necesidades específicas e a medida dos usuarios.
  • Realización de pezas únicas de artesanía en madeira e ebanistería.

Deseño de exposicións

  • Tendo en conta e sendo sensibles á participación cidadá, sendo éticos nos seus procesos e sostibles e sensibles co planeta e o contexto. Buscando a convivencia entre estética e eficacia

Asesoramento especializado no desenvolvemento de programas e políticas culturais

  • Levamos todo o proceso ou da parte do proceso. Podemos desenvolver tanto a investigación e comisariado como a formalización en sala ou espazo público, a coordinación do transporte, montaxe, deseño da imaxe, adaptación gráfica, comunicación, etc.

Formación específica

  • En xestión cultural
  • En deseño de producto e artesanía en madeira