Quen somos

Somos unha cooperativa dedicada ao desenvolvemento de proxectos e servizos culturais vinculados aos contextos, ás comunidades e as súas especificidades.

  • Aspiramos a ser un referente de valor no territorio, promovendo un enriquecemento cultural que apoie ao benestar e á cohesión social con un impacto en positivo.
  • Dedicámonos á cultura polo seu potencial para fortalecer as comunidades, fomentar a participación activa, a inclusión e o empoderamento das persoas. Sabemos pór énfases na preservación e actualización das tradicións e identidades locais, coidando a historia e a memoria do pasado, presente e o futuro.
  • Ademáis, impulsaremos a cultura como unha profesión especializada cun enfoque sostible, favorecendo as boas prácticas por parte de todas as persoas implicadas.

Azul máis Verde está formada por dúas persoas expertas neste ámbito e, ao noso redor, orbitan persoas colaboradoras de gran valor.