Proxectos
Estes son os proxectos que estamos a desenvolver actualmente. Se queres recibir notificacións ou novas relacionadas co que facemos suscríbete a nosa lista de correo aquí.
-
Espeteiras comunais na area: tempos para compartir
Espeteiras comunais na area: tempos para compartir é un proxecto que busca reactivar o imaxinario do común na cultura galega a través da creación de espeteiras comunais nas praias do litoral de Costa da Morte. Inspiradas nas antigas espeteiras das cociñas rurais —mobles modestos para gardar utensilios— estas estruturas de madeira contarán con obxectos de xogo elaborados artesanalmente con materiais naturais fronte ao exceso do plástico e promoverán o uso compartido, o coidado mutuo.2025 -
Un monte todos os montes
é un proxecto que toma forma de “publica-acción” e xurde a partir da experiencia desenvolta no proxecto Terra Creativa no Monte Cambeiro (Corcubión). O proxecto quere convidar a pensar e facer monte desde unha posición de resistencia no presente e de imaxinación cultural, social e política cara ó futuro.2026 -
Ollos de vidro: As formas doutra historia de Galicia
Partindo de dispositivos singulares que, como o ollo de vidro, miran e fan ver as cousas coñecidas desde un lugar inédito, nesta exposición imaxinamos unha viaxe imprevista por experiencias colectivas na Galicia dos últimos cento e cincuenta anos. Partimos da máxima de que toda historia que se pregunte polos mundos que foron borrados precisa dun reconto alternativo das formas que os amosen. E así, apoiados nalgúns casos de estudo e dispositivos moi concretos, faremos un percorrido por formas e prácticas culturais coas que abrir, desde abaixo, a imaxinación histórica.2025 -
Corpos, voces e territorio: a Galicia na que espertamos
Os itinerarios de aprendizaxe son unha forma de proporcionar coñecemento dando valor e riqueza á mestura entre saberes académicos, populares, comúns ou baseados na experiencia. Estan deseñados especialmente para o alumnado da formación en historia contemporánea española que imparte Palmar Álvarez Blanco en Carleton Collage en Minnesota2025



