Irmãs de Floresta

Altar preparado polas benzedeiras do Movimento de Aprendices de Sabiduría
Altar preparado polas benzedeiras do Movimento de Aprendices de Sabiduría

Esta é unha acción adicada as prantas, ás mulleres e a sabiduría que hai nelas que transcurrirá durante a tarde do 6 de xullo de 18h a 22h no Monte Cambeiro 42º 56′ 31.14” N // 9º 6′ 47.76” O

Con esta acción abrímonos por fin á estación en curso, ao verán. Tamén abrímonos cara as prantas que agora medran coa estación no Monte Cambeiro. Así, adicaremos a tarde ao intercambio de sabidurías, rituais e tradicións poñendo o foco nas prantas e as flores silvestres. Será unha xornada na que trataremos de invocar saberes que se estan perdendo no tempo e que probablemente, ao menos en Galicia, non se intercambian xeralmente no ámbito público. Moitos deles pertenceron tradicionalmente á esfera feminina e foron practicados e transmitidos comunmente no ámbito de protección das mulleres, no ámbito doméstico.

Desde Terra Creativa queremos prender unha pequena chama de luz e unha chamada contra o esquecemento destas prácticas e saberes principalmente femininos. Para incitar este prendemento estannos axudando as mulleres benzedeiras do Movimento de Aprendices de Sabiduria do sur de Paraná en Brasil. Un movemento constituido no 2007 por mulleres que practican o oficio do benzemento. Estímase que existen hoxe no estado do Paraná, aproximadamente 17.000 praticantes da arte de curar e ensinar remedios caseiros.

Irmãs de floresta é unha acción adicada as prantas, ás mulleres e a sabiduría que hai nelas. Grazas a elas esta acción quere ser tamén a constitución dunha alianza entre comunidades, a de Boca de Sapo e o Monte Cambeiro coa do Movimento de Aprendices de Sabiduria, comunidades próximas e lonxanas que defenden a cultura e a creatividade dos seus territorios hoxe en grande risco de esgotamento.

Benzedeira Dona Agda Cavalheiro de Andrade
Benzedeira Dona Agda Cavalheiro de Andrade

Nos acompañarán o investigador e divulgador sobre prantas silvestres Cesar Lema co que percorreremos o Monte Cambeiro coñecendo as súas prantas e posibles usos tradicionais. Logo faremos unha conexión coa antropóloga Taisa Lewitski e coa benzedeira Agda Cavalheiro de Andrade. Pecharemos a tarde cun pequeno ritual acompañados da artista colabora do proxecto Doa Oa.

Durante a tarde haberá tempo para compartir un pequeno albaroque

Altar preparado polas benzedeiras do Movimento de Aprendices de Sabiduría

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *