comunidade

  • Espeteiras comunais na area: tempos para compartir

    Espeteiras comunais na area: tempos para compartir é un proxecto que busca reactivar o imaxinario do común na cultura galega a través da creación de espeteiras comunais nas praias do litoral de Costa da Morte. Inspiradas nas antigas espeteiras das cociñas rurais —mobles modestos para gardar utensilios— estas estruturas de madeira contarán con obxectos de xogo elaborados artesanalmente con materiais naturais fronte ao exceso do plástico e promoverán o uso compartido, o coidado mutuo.