Deseños únicos para eventos e proxectos

  • Terra Creativa

    Terra Creativa é o nome dun proxecto que conxuga cultura, comunida e defensa do territorio. Acontece situado no Monte Cambeiro de Amarelle en Corcubión. Desde el póñese en valor o monte autóctono galego e se trazan de novo vínculos con estes santuarios, formas de supervivencia fronte a industria que impñe a monocultura do eucalipto.

  • T-Furniture

    A Colección de Mobles T-Furnitures foron deseñados por Frank Buschmann para unha serie de eventos culturais en Holanda e posteriormente teñen percorrido e formado parte do mobiliario de distintos espazos e eventos culturais, entre eles forman parte de Intermediae e Matadero-Madrid, desde a apertura deste centro e su primeira presentacion publica en ARCO 2006. Tamén foron presentados como parte do evento cultural Le Voyage à Nantes 2013 / Unha Viaxe a Nantes 2013.

  • Banco de Semillas

    O Banco de Intercambio de Sementes é unha iniciativa que aposta pola descentralización do control da semente e pola posta en cuestión dos modelos de xestión que atravesan a cultura e a vida cotiá, activando prácticas de coidado, autonomía e construción do común.

  • Estación Futuro

    Estación Futuro foi unha iniciativa desenvolvida por Intermediae en Matadero Madrid desde 2009, concibida como un espazo experimental dedicado ao xogo, á imaxinación e á participación xuvenil. O seu epicentro foi unha cúpula xeodésica, transformada nun contorno creativo mediante obradoiros colaborativos que combinaban arte, videoxogos e cultura visual.

  • Mientrastanto

    Mientrastanto transformaba pola primeira vez o Patio Norte dun dos principais centros culturais da cidade (Conde Duque) nun espazo site-specific ao aire libre dedicado a proxectos artísticos capaces de xerar unha sorte de interrelación coa cidadanía.