Ollos de vidro: As formas doutra historia de Galicia
Partindo de dispositivos singulares que, como o ollo de vidro, miran e fan ver as cousas coñecidas desde un lugar inédito, nesta exposición imaxinamos unha viaxe imprevista por experiencias colectivas na Galicia dos últimos cento e cincuenta anos. Partimos da máxima de que toda historia que se pregunte polos mundos que foron borrados precisa dun reconto alternativo das formas que os amosen. E así, apoiados nalgúns casos de estudo e dispositivos moi concretos, faremos un percorrido por formas e prácticas culturais coas que abrir, desde abaixo, a imaxinación histórica.