pensamento

  • Ollos de vidro: As formas doutra historia de Galicia

    Partindo de dispositivos singulares que, como o ollo de vidro, miran e fan ver as cousas coñecidas desde un lugar inédito, nesta exposición imaxinamos unha viaxe imprevista por experiencias colectivas na Galicia dos últimos cento e cincuenta anos. Partimos da máxima de que toda historia que se pregunte polos mundos que foron borrados precisa dun reconto alternativo das formas que os amosen. E así, apoiados nalgúns casos de estudo e dispositivos moi concretos, faremos un percorrido por formas e prácticas culturais coas que abrir, desde abaixo, a imaxinación histórica.

  • Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige

    Nos vinte anos do seu aniversario, esta mostra quere volver sobre a memoria, a creatividade e as protestas que acompañaron o afundimento do Prestige para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. A partir do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas a unha rede extensa de artistas, investigadoras, activistas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.

  • Procesos de Archivo

    Descripción: Cómo abordar o Arquivo dunha institución cuxa identidade estea baseada no proceso e a construcción colectiva? Que pasa se non abordamos o arquivo desde a colección? Se queremos que as nosas formas de facer diversas formen parte do rexistro que se garda?