Semillando: Cultura sostenible en la ciudad
Desde Intermediae e en colaboración coa Cooperativa Ecosecha, preparamos durante tres días un festival e un mercado no que xuntamos a artistas, entidades sociais, cooperativas, expertos, produtores e público en xeral para dar forma a un espazo e foro de intercambio, visibilización, reflexión e entretemento arredor da sostibilidade, da agricultura ecolóxica, da participación cidadá e da sensibilización social. Déronse cita unha gran variedade de axentes, desde iniciativas locais, nacionais e internacionais de conversión de espazos urbanos en espazos verdes no ámbito artístico, social e tecnolóxico, ata aquelas que eran produtoras en ecolóxico incorporando a cata de variedades locais de horticultura tradicional. A infraestrutura do mercado e do festival foi deseñada específicamente utilitaria e conceptualmente para este fin.
María Bella, Frank Buschmann e Suset Sánchez desde Intermediae, Ecosecha
|
Proxecto: |
Semillando: Cultura sostenible en la ciudad |
|
Ano: |
2009 |
|
Ubicación: |
Madrid |
|
Créditos imaxe |
|
|
Outros |












