Arquivo de proxectos

Este é o noso arquivo, un espazo vivo onde recollemos o traballo feito ao longo do tempo.

Aquí atoparás unha selección de proxectos desenvolvidos ao longo dos nosos itinerarios profesionais e vitais, xa sexa de xeito individual, en colaboración, desde iniciativas independentes, dentro de institucións, a través do tecido asociativo ou para clientes e particulares. Irémolo completando pouco a pouco. Se queres estar ao día, escríbenos aquí e mandarémosche as nosas novidades.

  • Mariñán

    Residencias Mariñán de investigación e pensamento: Amor ao territorio

    Durante doce días no mes de abril a nosa compañeira Maria Bella iniciou un periodo de investigación como parte do programa das Residencias Mariñán organizado pola Deputación da Coruña
    2025
    Ler máis
  • As formas comuns do monte e do mar – Itinerarios de aprendizaxe 2024

    Os itinerarios de aprendizaxe son unha forma de proporcionar coñecemento dando valor e riqueza á mestura entre saberes académicos, populares, comúns ou baseados na experiencia.
    2024
    Ler máis
  • Terra Creativa

    Terra Creativa é o nome dun proxecto que conxuga cultura, comunida e defensa do territorio. Acontece situado no Monte Cambeiro de Amarelle en Corcubión. Desde el póñese en valor o monte autóctono galego e se trazan de novo vínculos con estes santuarios, formas de supervivencia fronte a industria que impñe a monocultura do eucalipto.
    2023/4
    Ler máis
  • Sempre Máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige

    Nos vinte anos do seu aniversario, esta mostra quere volver sobre a memoria, a creatividade e as protestas que acompañaron o afundimento do Prestige para reflexionar sobre a necesidade hoxe de seguir xuntando a defensa da democracia e a da ecoloxía. A partir do Arquivo Vivo da Asociación Cultural Unha Gran Burla Negra, que leva acompañando os legados do Nunca Máis dende o ano 2017, e grazas a unha rede extensa de artistas, investigadoras, activistas e compañeiras, este proxecto colectivo busca abrir preguntas incómodas, imaxinar mundos e partillar loitas.
    2023
    Ler máis
  • IV Taller Naturezas Híbridas.

    Unha colaboración entre o grupo de Inovación docente da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña (Elvira Santiago Gómez, Carlos Diz e Jose Antonio Cortés Vazquez) e a Asociación Cultural Universidade Cromática das Virtudes (María Bella) para aproximarse aos eventos e os efectos derivados da catástrofe provocada polo afundimento do petroleiro Prestige frente ás costas de Fisterra e o xurdimento do movemento cidadan Nunca Máis.
    2022
    Ler máis
  • Crecer xuntas en tempos fráxiles

    Programa de tres obradoiros formativos deseñados especialmente en torno a preocupacións e indagacións de especial interese para a comunidade de nais e pais.
    2022
    Ler máis
  • Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal

    Tapices da Memoria: Nunca Máis chapapote patriarcal é un proxecto expositivo e memorial que fía desde o presente fragmentos de memoria da Marcha Mundial de Mulleres acontecida no 2003 entre Cee e Fisterra no marco das protestas cidadans do Nunca Máis contra a catástofe do Prestige. Lévase a cabo desde a colaboración entre o Concello de Fisterra e a Asociación Unha Gran Burla Negra co comisariado de María Bella. A finalidade é por en valor, non esquecer e ensenar aos que non o viviron a forza que se activou nese acontecemento desde a loita feminista.
    2021-3
    Ler máis
  • Mesa de plenos

    Mesa plenaria para o concello da vila histórica de Corcubión, Costa da Morte, Galicia.
    2018
    Ler máis
  • Tec&Tea

    Tec&Tea refire a Tecnoloxía en cuestión: Tecnoloxía en acción. En colaboración coa ANPA ALEN e a Asociación Cultural Universidad Cromática das Virtudes e o CEIP Praia de Quenxe activamos un proxecto de alfabetización dixital crítica dirixido á comunidade escolar
    2016
    Ler máis
  • A Costa da Vida

    Obradoiro de Rap elaborado entorno á necesidade de buscar formas de expresión e comunicación entre os rapaces que capacitaran un diálogo creativo e fuxiran da forza e a violencia entre compañeras/os.
    2016
    Ler máis
  • Gabinete de Estudios: Intermediae-Matadero Madrid

    Deseño e dirección da produción do Gabinete de estudos de Intermediae Madrid.
    2011
    Ler máis
  • T-Furniture

    A Colección de Mobles T-Furnitures foron deseñados por Frank Buschmann para unha serie de eventos culturais en Holanda e posteriormente teñen percorrido e formado parte do mobiliario de distintos espazos e eventos culturais, entre eles forman parte de Intermediae e Matadero-Madrid, desde a apertura deste centro e su primeira presentacion publica en ARCO 2006. Tamén foron presentados como parte do evento cultural Le Voyage à Nantes 2013 / Unha Viaxe a Nantes 2013.
    2009 <
    Ler máis
  • Semillando: Cultura sostenible en la ciudad

    Desde Intermediae e en colaboración coa Cooperativa Ecosecha, preparamos durante tres días un festival e un mercado no que xuntamos a artistas, entidades sociais, cooperativas, expertos, produtores e público en xeral para dar forma a un espazo e foro de intercambio, visibilización, reflexión e entretemento arredor da sostibilidade, da agricultura ecolóxica, da participación cidadá e da sensibilización social.
    2009
    Ler máis
  • Procesos de Archivo

    Descripción: Cómo abordar o Arquivo dunha institución cuxa identidade estea baseada no proceso e a construcción colectiva? Que pasa se non abordamos o arquivo desde a colección? Se queremos que as nosas formas de facer diversas formen parte do rexistro que se garda?
    2009
    Ler máis
  • Banco de Semillas

    O Banco de Intercambio de Sementes é unha iniciativa que aposta pola descentralización do control da semente e pola posta en cuestión dos modelos de xestión que atravesan a cultura e a vida cotiá, activando prácticas de coidado, autonomía e construción do común.
    2009
    Ler máis
  • Estación Futuro

    Estación Futuro foi unha iniciativa desenvolvida por Intermediae en Matadero Madrid desde 2009, concibida como un espazo experimental dedicado ao xogo, á imaxinación e á participación xuvenil. O seu epicentro foi unha cúpula xeodésica, transformada nun contorno creativo mediante obradoiros colaborativos que combinaban arte, videoxogos e cultura visual.
    2009
    Ler máis
  • Itinerarios del Sonido

    Itinerarios del sonido foi un proxecto de arte público co-comisariado por María Bella e Miguel Álvarez-Fernández, organizado pola Área de Las Artes de Madrid, o Centro Cultural Conde Duque e a Residencia de Estudiantes. As obras puideron escoitarse en diferentes paradas de autobús de Madrid entre o 20 de maio e o 25 de setembro de 2005. “Itinerarios del sonido” recreaba unha cidade a través do son, escoitando o eco de diferentes produccións, as de artistas como Adrian Piper, Luc Ferrari, Fernando Millán, Trevor Wishart, Kristin Oppenheim, Susan Hiller, Joao Penalva, Christina Kubisch, Bill Fontana, Vito Acconci, Francisco Ruiz de Infante, Daniel Samoilovich, Julio Estrada e Jorge Eduardo Eielson
    2004/5
    Ler máis
  • Open Borders – Lille capital europea da cultura”

    Deseño e produción da exposición ‘Open Borders’, por Frank Buschmann, encomendada por Droog Design NL para Lille, Capital Europea da Cultura 2004.
    2004
    Ler máis