Aprendices da sabiduría das prantas
Estamos a comezar a parte do proxecto de Terra Creativa adicada ás prantas que medran no monte como recurso de coidado, alimento e sanación. Ao igual que confirmamos que a rexeneración do Monte Cambeiro esta a supoñer un oasis que atrae unha grande variedade de biodiversidade animal, tamén pasa así coa biodiversidade vexetal.
Coa primavera o monte entra noutra fase. Despois dun outono e inverno abundantes en auga esperamos que veñan días de sol en abundancia. Trala celebración do espertar dos paxaros cos “chíos ao mencer” imos abrindo paso tamén ás formas, cores e propiedades das plantas.

Nesta parte do proxecto retomaremos intereses e pesquisas que abrimos anteriormente desde Boca de Sapo mais tamén desde a Universidade Cromática. Cousas como a observación e o recoñecemento de prantas silvestres, afondar no gran recurso estético, alimenticio, curativo, espiritual que é o monte. Tamén no empoderamento especialmente feminino que hai detrás dos saberes e os usos tradicionais das prantas.
O sábado pasado saudábamos a un grupo de mulleres da comunidade de benzedeiras que forman parte de MASA – Movimento Aprendizes da Sabedoria grazas á mediación da antropóloga Taisa Lewitzki que toma parte e acompaña ó movemento como forma de investigación acción e que é coladora nesta acción que abrimos desde Terra Creativa.



MASA foi iniciado no 2007 por detentoras e detentores de ofícios tradicionais de saúde popular, chamadas comunmente Benzedeiras, dos territórios da região Centro-Sul do Estado do Paraná para defender as súas prácticas e saberes.
As benzedeiras son as portadoras actuais dun modo popular de cura elaborado históricamente, e que foi repasándose, adaptándose e reformulándose de xeración en xeración. Estímase que existen hoxe no estado do Paraná, aproximadamente 17.000 praticantes da arte de curar e ensinar remedios caseiros. As práticas de cura realizadas por benzedeiras remóntanse a antes da chegada dos colonizadores portugueses. A raiz do seu xurdimento está relacionada á mestura de saberes e prácticas indíxenas, africanas, europeas.
A procura das prantas para esta comunidade é esencial. A introdución do eucalipto de xeito industrial favorecido en Brasil, no que tense convertido no Deserto Verde, descompón a base desta práctica tradicional.
MASA ten avanzado moito camiño na defensa dos seus faceres, logrando que se aprobaran leis municipais que recoñecen e garanten ás Benzedeiras dos municípios o libre acceso ás prantas medicinais. Asemade, as súas prácticas foron recoñecidas a nivel estatal como patrimonio cultural inmaterial do Estado do Paraná.
Desde o proxecto de Terra Creativa queremos establecer relacións de intercambio con esta comunidade coa intención de que grazas ao traballo de MASA, podamos nós recuperar, aínda que sexa por resonancia, as relacións que tamén houbo coas prantas na cultura e identidade galega.
Traballaremos tamén con Doa Oa. Con ela temos feito desde a Asociación Boca de Sapo e a Universidade Cromática un Herbario de Primavera Verán do Monte Cambeiro, hoxe depositado no CEIP Praia de Quenxe.