Cosmos

Mesa-altar de floresta
Mesa-altar de floresta preparada por Dona Ágeda e Taisa para Irmãs de Floresta

(Cosmos é a fermosa pranta naranxa que destaca pola súa cor no pequeno altar de Dona Ágeda. A usa para alegrar os quintais e atraer ás bolboretas.)

Comezo de Irmãs de Floresta

Comezo de Irmãs de Floresta

Roteiro de identificación de prantas silvestres no Monte Cambeiro

Fiuncho e Viborera

Fiuncho Foeniculum vulgaris / Viborera Echium vulgare

Usos medicinais

Tradicionalmente, a infusión da planta florida empregouse para tratar afeccións respiratorias, tose, bronquite, arrefriados, reducir a febre e as dores de cabeza. Polo seu poder diurético e depurativo, para trastornos urinarios, retención de líquidos, obesidade, gota e reumatismo. É afrodisíaca. Actualmente, non se aconsella o seu uso por vía interna.

Externamente, as cataplasmas de flores frescas machucadas para grans, furúnculos, feridas, dermatites, unlleiros e eczemas. O zume da planta úsase en cosmética para peles enroxecidas e delicadas. A infusión en gargarismos para a dor de garganta.

Outras plantas

  • Herba das feridas (Prunella spp)
  • Herba caralleira (Linaria triornitophora)
  • Lingua de ouvella (Plantago lanceolada)

Experiencia

No meu pobo natal, a señora María, que era natural da Cañiza (Pontevedra), contoume que unha vez lle apareceu unha úlcera nunha variz. Colleu un feixe de follas de lingua de ovella, cubriunas con auga e cocéunas. Con esa decocción empapou un pano e púxoo sobre a úlcera. Despois de 2 semanas a úlcera comezou a curarse. Man de Santo!

  • Chantaxe (Plantago major)
  • Estralotes (Digitalis purpurea)
  • Silva (Rubus ulmifolius)
  • Toxo (Ulex europea), Xesta (Cytisus scoparius)
  • Codeso (Adenocarpus complicatus)
  • Fento (Pteridium aquilinum)
  • Sanguiño (Rhamnus frangula)
  • Carballo (Quercus robur)

Outros usos

Indica chans ácidos e silíceos con baixo poder de retención. As xesteiras representan unha fase na sucesión ecolóxica cara á carballeira, onde enriquecen o chan en nitróxeno, degradan a rocha nai coas súas raíces e coa auga que se infiltra a través delas. Empregáronse como cama dos animais, dando un bo esterco. O de C. multiflorus é máis valorado. O seu ramaxe perenne é un bo refuxio invernal para as xoaniñas e outros insectos. Tamén para protexer as árbores froiteiras novas. Da súa cortiza fabrícanse cordas, redes e papel. As ramas úsanse para facer vasoiras, cestas, cepillos ou para cubrir tellados. A madeira empregouse nos fornos de leña.

As flores encurtidas eran un ingrediente popular do salpicón nos séculos XVII e XVIII. Tamén, antes da introdución do lúpulo, aromatizábase a cervexa coas puntas das súas ramas, facéndoa máis embriagadora.*

  • Codeso Adenocarpus complicatus
  • Fento Pteridium aquilinum

Usos medicinais

Os brotes novos son diuréticos e vermífugos. A súa fibra pode promover o peristaltismo intestinal mellorando as funcións de dixestión e evacuación. Así mesmo, ten a capacidade de reducir a absorción gastrointestinal das graxas ou lípidos. Os brotes calman a dor de moas, colócanse a cada lado das enxivas adxacentes á moa dolorida. As follas utilizáronse en baños de vapor como un tratamento para a artrite. Unha cataplasma das follas machucadas utilizouse para tratar chagas de calquera tipo e tamén para unir os ósos fracturados. Tradicionalmente, empregáronse as follas como un colchón para fortalecer as costas dos bebés e dos anciáns. Inhalando o fume das follas secas, cálmase a dor de cabeza. *

  • Sanguiño Rhamnus frangula
  • Carballo Quercus robur

Irmas benzedeiras do Movimento Aprendices de Sabiduría do Sur de Paraná acompañadas por Taisa Lewitzki e Dona Ágeda

Aprendendo coa benzedeira Dona Ágeda

Plantas e remedios mencionados:

  • Artemisa
  • Erva-doce
  • Cosmos
  • Pomada Alecrim
  • Açafrão, Manjericão
  • Pó de abacate, Poejo
  • Guaco, Penicilina
  • Palma fedida, Alcachofa
  • Folha de Guabiroba
  • Olina, Calmante
  • Incenso
  • Casca de cedro
  • Bálsamo

Remédios caseiros: pomada de alecrim, pomada de calêndula, olina digestiva, calmante dos nervos, garrafada para mulher de dieta.

Ritual de agradecemento con Doa Oa

Receitas

Bizcoito de plátano

  • fariña de landra
  • manteiga
  • azucre
  • e especias.

Torta de copos de avea

  • fariña de landra
  • manteiga
  • e azucre.

Notas sacadas do libro de Cesar Lema “Benaventurada a maleza porque ela te salvará a cabeza”

—

Fotos da localización no monte por Antonio Nodar
Fotos da localización na casa de Dona Ágeda por Rosa Lewitzki

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *